24 de dec. de 2012

Desexos de Nadal dos pais e nais de 2º curso

Grazas a todos e todas por tan fermosas rimas!

12 de dec. de 2012

Aprendemos cousas dos volcáns

Na clase de segundo aprendemos un montón de cousas dos volcáns:

Debuxamos volcáns

Poemas de outono

Na clase de primeiro aprenderon moitos poemas de outono:

10 de dec. de 2012

Diagrama de barras


Ter amigos é divertido

Onte lemos na clase o conto "Tener amigos es divertido".de Rob Lewis.
 Ambrosio, un coello, acaba de mudarse de casa, e quere facer amigos. Ao principio non sabe facelo moi ben, pero pronto aprende.
Despois de ler o libro, falamos do divertido que é ter amigos, e de como nos axudan.

3 de dec. de 2012

28 de nov. de 2012

Os contos de ratiños gustáronnos

Xa rematamos de ler contos de ratiños na clase de segundo. Cada un escolleu o que máis lle gustou:

20 de nov. de 2012

Xogando cos aros

                                                                                         
Na clase de E.F. de hoxe fixemos unha sesión de xogos utilizando un único material: os aros. A través deles fixemos desprazamentos, lanzamentos, exercicios de coordinación, etc... e de maneira moi divertida!

13 de nov. de 2012

Sumamos

Varios niveis, para 1º e 2º de Primaria.

11 de nov. de 2012

O magosto

O xoves 8 de novembro celebramos o magosto no cole. Asamos as castañas, comémolas, xogamos, emborrallámonos e pasámolo en grande.

9 de nov. de 2012

Xogamos a resolver problemas

Mirade que xogo para practicar coas matemáticas.

8 de nov. de 2012

Os nosos traballos ....

A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle  cinco traballos do noso colexio, tres deles son do curso pasado na clase de primeiro:


Profe, para que serven as matemáticas?

 O día e a noite

Proxecto animais

6 de nov. de 2012

Os bolechas na tele

O programa cos monicreques  dos bolechas fixo un mes na programación da TVG. No enlace pódese acceder aos vídeos dos programas pasados, esperando a que pase o anuncio inicial ( inexplicablemente as máis das veces en castelán).Este é o horario no que se poden ver:
e este é o vídeo promocional:

O Samaín en 1º



4 de nov. de 2012

Poñede título á noticia


OLA NENOS E NENAS
DE 1º!:



GUSTOUVOS A EXPOSICIÓN?

OBSERVADE A FOTO DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.



Moitos bicos



1 de nov. de 2012

Exposición de cabazas

Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado non deixa sen agradecer. 

Mirade as fotos,...

No cole temos unha exposición de fotografías. Que será ? Hai que mirar e ler:

31 de out. de 2012

Somos os de 1º

Aquí temos outro collage  da clase de 1º. Agora xa estamos todos e todas.



27 de out. de 2012

Día das bibliotecas escolares en segundo curso

No mes de outubro celébrabrase o Dia das bibliotecas escolares. No cole todos os cursos fixemos un marcapáxinas, lemos contos, e tamén participamos en un xogo de pistas na biblioteca.
Na clase de 2º o xogo era así: tratábase de atopar nos libros as palabras que formaban a frase "Día das bibliotecas escolares".
As pistas eran difíciles, pero os nenos e nenas  fixeronno moi ben. Aquí están facendo o xogo:

25 de out. de 2012

Ai, que malo eres Chispa!

Os nenos e nenas de segundo aprendemos a facer banda deseñada pouco a pouco. Empezamos poñendo texto a unha ilustracións dos Bolechas, que nos gustan moito. Foi un pouco difícil, porque ainda temos a letra moi grande, e non nos collía nos globos. :

24 de out. de 2012

Nenos e nenas de 1º


Aquí temos un collage dalgúns nenos e nenas de 1º.


18 de out. de 2012

Samaín

Preme na imaxe para xogar:

17 de out. de 2012

Xogo do Samaín

Podes enredar con este xogo sobre o samaín de Ana Martínez Rey, do CEIP de Pazos:


Canción Corre, corre, cabaciña

E agora a canción:

16 de out. de 2012

CORRE CORRE CABACIÑA

Como xa falta pouco para o Samaín, podemos lembrar o conto de OQO "Corre, corre cabaciña":

13 de out. de 2012

Repasamos as letras

Para os nenos e nenas de primerio:
Esta actividade podedes facela desde casa. Escollede a letra que estades aprendendo en casa.



Os nenos e nenas de segundo tamén poden facela, seguro que lles gusta!

Os volcáns

Juan e Rubén trouxeron a clase unhas pedras de lava.
Por eso decidimos aprender cousas dos volcáns.
Aquí van un par de vídeos para seguir aprendendo:

10 de out. de 2012

Os músculos do corpo

Aprendemos cousas dos músculos? Facede o xogo, vaivos gustar.
Ap

Atamos os cordóns

Na clase de 1º xa sabemos atar os cordóns. Estivemos practicando na casa e xa nos sae bastante ben.
Como vedes nestas fotos Anira e Lucía fano de maravilla.






8 de out. de 2012

Un vídeo para aprender mais

Despois do que aprendemos, imos ver un vídeo moi interesante.




4 de out. de 2012

Problemas....

 
Con este xogo resolverás sen darte conta unha chea de problemas. Busca en cada páxina as respostas máis axeitadas.


26 de set. de 2012

20 de set. de 2012

Practicamos as mate

Imos a practicar un pouco de matemáticas:


18 de set. de 2012

Somos os nenos e nenas de segundo

Ola a todos e todas!

Aquí estamos os nenos e nenas de segundo.
Pronto nos veredes! E que estamos moi atarefados, porque somos moi maiores!!!

Somos os nenos e nenas de primeiro



Así nos debuxamos os nenos e nenas de primeiro

17 de set. de 2012

Xogamos cos cacanimales

Imos ler o conto, e logo facemos as actividades. Que vos parece?



12 de set. de 2012

Empeza o cole


11-9-2012
Mañana empieza el cole. Tengo muchas ganas de que empiece.
Voy para segundo curso. Segundo es más difícil que primero.
Voy a tener cuatro nuevos compañeros. Hoy tengo un cumpleaños, de Raquel. Qué bien!
Firmado Izan

( Do diario de verán de Izan)

6 de xul. de 2012

Diploma concedido a...


A praia

A praia vista polos nenos e nenas de Primeiro:

26 de xuño de 2012

Así foi o curso de primeiro

Con este vídeo, no que os nenos e nenas de primeiro contanvos que cousas fixemos neste curso, despedímonos. 
 Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco. Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas

22 de xuño de 2012

Oliver es una nena



Na clase de Primeiro contamos o conto  " Oliver Button es una nena" de Tomie de Paola.
Conta a historia de Oliver, un neno ao que non lle gustan as cousas que "se supón " que son de nenos. Por eso recibe as burlas dos seus compañeiros. Os seus pais o anotan a unha academia de baile, e os compañeiros escriben na parede do colexio "Oliver Button es una nena".
A profesora da academia de baile anota a Oliver a un concurso de talentos.
Ao final non gaña, e ao día seguinte non quere volver a escola. Pero cando chega, atopará escrito na parede: Oliver Button es una...estrella"
Vede como escriben o final do conto os nenos e nenas de Primeiro.


21 de xuño de 2012

Qué fan os de primeiro?

Preparan os seus cadernos de fichas. Porque son maiores, e saben facer moitas cousas solos.


Carta ao ratiño Pérez

A Breixo caeulle un dente na clase, e por moito que o buscou, non foi quen de atopalo. Que desgusto tiña!
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
 Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño). 
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou. 
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez. 
Que importante é saber escribir!!!
 Soluciona moitos problemas.


19 de xuño de 2012

Lecturas para o verán

Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns 18. 
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de  9  a 9:30, e de 13:30 a 14 h.

Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
                                                                        

13 de xuño de 2012

Os de primeiro fomos curiosear a aula de segundo....

Os tres porquiños

Os nenos e nenas de Primeiro escribiron as súas versións do conto dos tres porquiños, e os ilustraron.
Cada vez o fan millor!

Os de segundo

Esta é a actuación dos nenos e nenas de segundo no festival das Letras Galegas do noso cole:

A que sabe a lúa?

Este é o vídeo da actuación de 1º de Primaria no fesitval das Letras Galegas do cole de Quintela.
A que o fixeron moi, moi ben?

11 de xuño de 2012

Imos á escola...de hai 50 anos



Aproveitamos a recreación de un aula de hai 50 anos que tivemos polo Centenario do colexio para sacarnos unhas fotos. Gustounos moito que os pupitres tiveran dentro un espazo para gardar cousas, e os pizarrins para escribir.Como dixo Juan, molan!!!

As formas

8 de xuño de 2012

Libro do mes

¡No quiero ir a la escuela!
Este é o último mes que escollemos libro favorito!!

E tal vez por iso, houbo empate na votación.

Os libros escollidos foron : "¡No quiero ir a la escuela!" de Stephanie Blake
e "¿Que es el amor?" de Anna Laura Cantone.


¿Que es el amor?
Tamén nos gustou moito "Tener amigos es divertido" de Row Lewis.,que quedou a un voto dos contos gañadores.
Tener amigos es divertido

Mandalas

Na clase de Primeiro e coa axuda da profe María,  fixemos unhas fermosas mandalas con poema incluido..Agora estamos gravando os poemas. Xa vos mostraremos o resultado!



28 de maio de 2012

Debuxamos animais

Os nenos e nenas de 1º debuxaron algúns dos animais que estamos estudando.

Xa somos 16

Esta semana estivemos moi ocupados na clase de 1º. Temos unha nova compañeira, que se chama Sabina. Ela ven de outro pais, e entre todos lle axudamos a aprender  o noso idioma.Aprende moi rápido!
Estamos un pouco nerviosos e moi contentos de ter unha nova amiga.

24 de maio de 2012

Festa en Moaña

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.

O mes da poesía na clase de Primeiro

Na clase de Primeiro, nos mes da Poesía, aprendemos poemas de animais:
"El lagarto y la lagarta" de Federico García Lorca, " O meu gato é un poeta", de Fran Alonso, e "O rato e a lúa" de Antonio García Teijeiro.

20 de maio de 2012

Que che gustaría ser?

Aquí están os nenos e nenas de primeiro, contándolles un conto aos nenos e nenas de Infantil do noso cole:

9 de maio de 2012

Unha biblioteca de aula especial

Neste mes do libro temos na clase unha biblioteca feita por nós.Cada un trouxo os seus libros favoritos e compartímolos entre todos e todas. Cantos libros temos..........
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas