Con este vídeo, no que os nenos e nenas de primeiro contanvos que cousas fixemos neste curso, despedímonos.
Vémonos en setembro, que agora compre descansar un pouco.
Felices vacacións para todos e todas!! Bicos a moreas
26 de xuño de 2012
25 de xuño de 2012
22 de xuño de 2012
Oliver es una nena
Na clase de Primeiro contamos o conto " Oliver Button es una nena" de Tomie de Paola.
Conta a historia de Oliver, un neno ao que non lle gustan as cousas que "se supón " que son de nenos. Por eso recibe as burlas dos seus compañeiros. Os seus pais o anotan a unha academia de baile, e os compañeiros escriben na parede do colexio "Oliver Button es una nena".
A profesora da academia de baile anota a Oliver a un concurso de talentos.
Ao final non gaña, e ao día seguinte non quere volver a escola. Pero cando chega, atopará escrito na parede: Oliver Button es una...estrella"
Vede como escriben o final do conto os nenos e nenas de Primeiro.
21 de xuño de 2012
Carta ao ratiño Pérez
A Breixo caeulle un dente na clase, e por moito que o buscou, non foi quen de atopalo. Que desgusto tiña!
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño).
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou.
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez.
Que importante é saber escribir!!!
Soluciona moitos problemas.
Entón pensamos que o ratiño Pérez podería buscalo, xa que é tan pequeno que pode atopar un dente no chan da clase sen problema.
Por eso decidimos duas cousas: pedirlle a Rosa a limpadora, que non barra a clase, por si acaso barre o dente ( ou ó ratiño).
A outra cousa que decidimos era que Breixo tiña que escribirlle ao ratiño para que soubera o que pasou.
A carta levoulla aos seus pais, porque teñen liña directa co ratiño Pérez.
Que importante é saber escribir!!!
Soluciona moitos problemas.
19 de xuño de 2012
Lecturas para o verán
Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo
durante o verán un lote de libros da
biblioteca escolar.
Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá
permanecer nas vosas casas ata setembro.
Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns
18.
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de 9 a 9:30, e de 13:30 a 14 h.
Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
Etiquetas:
Avisos,
Curso 2011-2012,
Fomento da lectura
15 de xuño de 2012
13 de xuño de 2012
Os tres porquiños
Os nenos e nenas de Primeiro escribiron as súas versións do conto dos tres porquiños, e os ilustraron.
Cada vez o fan millor!
Cada vez o fan millor!
Os de segundo
Esta é a actuación dos nenos e nenas de segundo no festival das Letras Galegas do noso cole:
A que sabe a lúa?
Este é o vídeo da actuación de 1º de Primaria no fesitval das Letras Galegas do cole de Quintela.
A que o fixeron moi, moi ben?
A que o fixeron moi, moi ben?
11 de xuño de 2012
Imos á escola...de hai 50 anos
Aproveitamos a recreación de un aula de hai 50 anos que tivemos polo Centenario do colexio para sacarnos unhas fotos. Gustounos moito que os pupitres tiveran dentro un espazo para gardar cousas, e os pizarrins para escribir.Como dixo Juan, molan!!!
8 de xuño de 2012
Libro do mes
¡No quiero ir a la escuela! |
E tal vez por iso, houbo empate na votación.
Os libros escollidos foron : "¡No quiero ir a la escuela!" de Stephanie Blake
e "¿Que es el amor?" de Anna Laura Cantone.
¿Que es el amor? |
Tener amigos es divertido |
Mandalas
Na clase de Primeiro e coa axuda da profe María, fixemos unhas fermosas mandalas con poema incluido..Agora estamos gravando os poemas. Xa vos mostraremos o resultado!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Competencia artística,
Curso 2011-2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas