31/01/2013

Día da Paz 2013

Despois de desenvolver distintas actividades ao longo destes días, chegou o a celebración do día da Paz. Houbo manifesto, poemas, solta de globos con mensaxes de paz, solta de pombas e cancións en grupo:

30/01/2013

A evolución dos seres humanos

Na clase de segundo estamos cun proxecto moi interesante.
Fixemos varias propostas, e  despois dunha votación, gañou a proposta de Hugo de estudar a evolución dos seres humanos.
Hugo explicou que quería saber como os monos chegaran a converterse en humanos.
Por eso andamos investigando, e xa aprendemos moitas cousas da evolución.
Agora estamos interesados en aprender cousas dos homes e mulleres que vivián nas cavernas.
Por eso imos poñer un vídeo para saber máis:



28/01/2013

Desexos de Paz en Segundo

Hoxe, no día da Paz, algúns nenos e nenas de segundo recitamos o poema de Gloria Fuertes "A Paz", e saínos moi ben.
 Tamén enviamos un globo cos nosos desexos de Paz. O globo lanzouno Samuel, e foi o que máis rápido subiu e marchou. Nós queremos que chegue a África, e por si acaso, leva a nosa dirección para que nos chamen .
Estes son os desexos de Paz en segundo:



Tamén podedes ver AQUI no blog da biblioteca a Hora de ler tan especial que fixemos no Día da Paz

27/01/2013

E como?

Imos a entrar nesta páxina, que nos vai axudar a ser mellores:

20/01/2013

18/01/2013

O porquiño

Por fin puidemos gravar o baile do porquiño. Quedounos ben, verdade? A letra e a música é de Susa Herrera, do seu libro " Animais encantadores"

16/01/2013

Apertas de Paz



Observa este vídeo tamén, e logo intenta facer tí tamén un decálogo de motivos para abrazar: Vímolo en Raitoteca

15/01/2013

Os nenos e nenas de 1º xogamos a construir co agasallo que nos trouxeron os Reis Magos. Fixemos cousas moi fermosas e imaxinativas. Aquí tedes algúns exemplos.




13/01/2013

Pasatempos pola paz

Pica nas imaxes para xogar facendo puzzles, buscando as diferenzas ou na sopa de letras:






11/01/2013

09/01/2013

Desexos de Nadal das familias de Primeiro

As familias crearon as rimas, e os nenos e nenas de primeiro poñen as voces:


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas