29/04/2013

Zoilo e o oficio de mariñeiro

Zoilo, o pai de Breixo, estivo no cole para contarnos como é o oficio de mariñeiro:

23/04/2013

Os de sexto na hora de ler

Na hora de ler, os nenos e nenas de 2º de Primaria recibiron a visitan dos maiores do cole, cargados de contos . Espallados por recantos, compartiron contos e lecturas:

22/04/2013

Boas noticias para o cole

Onte, sábado 20 de Abril,  tivo lugar a  XXII edición dos premios da Irmandade do libro, que concede a
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro  recibiu o premio da categoría centros de Ensino.

O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.

O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:


  •  Libraría "Kómic" de Santiago de Compostela
  • Fomento da Lectura: A web "Galicia Encantada" 
  • Recoñecemento especial a Antonio Fernández Maira, pola súa labor como coordinador da Federación de Libreiros
Mais información en:
Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Brétemas

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

21/04/2013

Estes somos nós

Este é o vídeo que gravou oalumnado de 1º, para presentarse ao grupo de 1º do Ceip Condesa Fenosa do Barco de Valdeorras:

18/04/2013

Animais fantásticos

Mirade os animais fantásticos de primeiro:

As nosas mascotas

Os nenos e nenas de Primeiro escriben sobre as súas mascotas:


16/04/2013

Recitando a Rosalía de Castro

Os nenos e nenas de 6º Infantil, xunto cos nenos de 1º, recitamos un poema de Rosalía de castro de Cantares Gallegos.

15/04/2013

Hugo e o oficio de prateiro

Hugo explicounos o oficio de prateiro, e logo respondeu un montón de preguntas dos seus compañeiros.

Alba e o oficio de rotulista

Hoxe Alba explicounos cousas do oficio de rotulista, o oficio do seu pai, e trouxonos uns agasallos:
Unhas pegatinas do ratiño Paco, resistentes a auga, e un friso de peixes, que imos usar para decorar a nosa aula:

12/04/2013

Videoconferencia co Loroparque

Hoxe, os pequenos de 6º de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 1º, participaron nunha videoconferencia co Loro Parque. Éste é un parque temático, ubicado en Tenerife, que ten animais tan interesantes como as orcas, delfíns, leóns mariños, loros, etc. Este mes estivo adicado aos delfíns e hoxe fixemos unha conexión en directo con eles. Puidemos ver en directo un entrenamento cos seus monitores e nos deleitaron cuns maravillosos saltos. Explicáronnos moitísimas cousas: por onde respiran, que comen, cantos dentes teñen, as partes do seu corpo,... Dixéronnos que podían medir como tres nenos xuntos, así que nos tumbamos nunha mesa e comprobamos canto era iso, un montón!. Foi toda unha experiencia para todos nós. Esperamos con impaciencia unha próxima vez! 

11/04/2013

O mar

Gústache a balea?


Entra AQUI para ler adiviñas sobre o mar e a praia.

O xornal de Primeiro, mes de marzo


10/04/2013

Xoga co Tangram


Clica na imaxe para xogar co tangram. Deixa que cargue, escribe o teu nome,e escolle nivel  e figura.

Queres saber cousas do Tangram? Entra na web do CEIP Pino de Val

08/04/2013

A que sabe a lúa?

Este conto tamén o sabedes...xogade con el!

O traxe novo do emperador

En abril, contos.
Xoga co conto do traxe novo do emperador.
Visto en Recursos TIC para un aula PT en Galicia

As medusas de primeiro


Este curso Paco quere saber moitas cousas sobre o mar. Na  clase de 1º fixemos unhas medusas moi  xeitosiñas para decorar o cole. Pasámolo moi ben decorándoas.  Agardamos que vos gusten.



06/04/2013

Damos masaxes

Na clase de Estudo, nos damos masaxes... Canto nos gusta!

05/04/2013

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00. 

Un saúdo

María    C. -   Coordinadora do Equipo de Natureza.

04/04/2013

Agora damos conferencias

Na clase de segundo imos aprender cousas das profesións. Juan foi o primeiro en explicarnos que é un marino mercante:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas