17 de set. de 2013

A chegada a 1º





As nenas e nenos de 1º fixemos unha foto para lembrar o inicio de curso e saudar a todo o colexio.

Ata pronto!

O primeiro ciclo coida o planeta

Un sitio web produce 0.02 gr. de CO2 por cada visita; máis ou menos 3.6 Kg. ao ano.
Unha árbore absorbe cada ano unha media de 10 kg. de CO2, é dicir, unha árbore reduce as emisións de dióxido de carbono do noso blog por un tempo correspondente a 50 anos.
Por este motivo, o noso blog é de impacto cero.
Só temos que poñer a imaxe de "O noso blog é Co2 Neutral" na web e plantarase unha árbore que axudará a coidar o medio ambiente.

Nós xa o axudamos a coidar o planeta!!

13 de set. de 2013

A clase de Estudo

Hoxe tivemos a nosa primeira clase de estudo. A mestra é María, a mesma que está connosco en Música e en Plástica. Lemos o conto de "Correprisas y Tumbona", no que se fala da importancia de vivir amodo, prestando atención ás cousas que facemos en cada momento.

12 de set. de 2013

DE VOLTA AO COLE!!!

Empezamos o novo curso con moitas ganas! Temos unha clase nova, e... xa no piso de arriba! Hai moitas cousas diferentes na aula: xa non hai alfombra, as mesas son individuais... Pero outras moitas seguen igual: traballamos por equipos, xogamos e aprendemos xuntos... O primeiro día lemos un conto moi divertido que xa case aprendemos de memoria.
Mirade que maiores somos! Nesta foto estamos con Alberto, 
que será o noso titor mentres Gloria non volte ao cole.
Pasámolo moi ben xuntos!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas