Tamén queremos que escoitedes o ben que cantan!
28 de feb. de 2014
26 de feb. de 2014
Programación día do Entroido
Os nenos e nenas de terceiro curso fixeron o cartel coa programación que imos seguir o venres 28 de febreiro, na celebración do Entroido. Aquí o tedes:
Etiquetas:
Celebracións: O Entroido,
Curso 2013-2014
25 de feb. de 2014
Recitado de 6º de Infantil
O 25 de febreiro recibimos a visita da clase de 6º de Infantil porque nos querían recitar un poema de Rosalía de Castro.
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS;
HAS DE CANTAR,
QUE CHE HEI
DE DAR MOITOS.
HAS DE
CANTAR,
MENIÑA GAITEIRA,
HAS DE CANTAR,
QUE MORRO
DE PENA.
CANTA, MENIÑA,
NA VEIRA DA FONTE;
CANTA, DAREICHE
BOLIÑOS
DO POTE.
CANTA, MENIÑA,
CON BRANDO COMPÁS,
DAREICHE UNHA PROIA
DA PEDRA
DO LAR.
PAPIÑAS CON LEITE
TAMÉN CHE DAREI;
SOPIÑAS CON VIÑO,
TORREXAS
CON MEL.
PATACAS ASADAS
CON SAL E VINAGRE,
QUE SABEN A NOCES,
¡QUE
RICAS QUE SABEN!
¡QUE FEIRA, RAPAZA,
SI CANTAS, FAREMOS…!
FESTIÑA POR FÓRA,
FESTIÑA POR DENTRO.
( ROSALÍA DE CASTRO: CANTARES
GALLEGOS )
17 de feb. de 2014
Rimas de 2º
Os nenos e nenas de 2º querémonos moito e fixemos unhas rimas cos nosos nomes. Aquí tedes algúns exemplos.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2013-2014
14 de feb. de 2014
Visita de 3º
A clase de 3º tamén veu recitarnos o seu poema sobre a paz.
que fas no meu xardín?
Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.
Xoguemos no arredor
a xabarín e cazador.
Eu non gosto da guerra.
Só quero paz nesta terra.
Xabarín, xabarín,
tocarás no meu violín?
Neste lugar de soidade
faremos a nosa amizade.
Xosé Lois García
A figueira lingoreteira.Ed. do Castro
O NENO E O XABARÍNXabarín, xabarín,
que fas no meu xardín?
Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.
Xoguemos no arredor
a xabarín e cazador.
Eu non gosto da guerra.
Só quero paz nesta terra.
Xabarín, xabarín,
tocarás no meu violín?
Neste lugar de soidade
faremos a nosa amizade.
Xosé Lois García
A figueira lingoreteira.Ed. do Castro
12 de feb. de 2014
Mira mira a pintura,...e mide
Queres saber canto miden algúns
dos cadros máis famosos?
· “As
meninas”, de Diego Velázquez, mide 276 de alto por 318 cm de ancho .
· “A Gioconda”, de Leonardo da Vinci, mide 77 cm de alto por 53 cm de ancho
· “A
persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos,” de Salvador
Dalí, mide 119,5 de alto por 90 cm de ancho.
· “Enrique
VIII”, de Hans Holbein o Mozo, mide 28 cm de alto por 20 cm de ancho
· “A
habitación", de Van Gogh, mide 74 cm de alto por 56,5 cm de ancho
· “Varios
círculos”, de Kandinsky, mide 127 cm de alto por 200 cm de ancho
· “Guernica”, de Pablo Picasso, mide 3,50 cm de alto por 7,80 de ancho
P Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
Será interesante ver canto ocupa cada un!
11 de feb. de 2014
No mes do amor,...o crocodilo tamén está namorado
Nas voces dos pequenos de Infantil do CPI de Mondariz
Etiquetas:
Competencia emocional,
Curso 2013-2014,
Recursos dixitais
4º de visita
4º visitounos cunha agradable sorpresa:
Recitaron o poema VENTOS acompañado de xestos. Era o mesmo poema que nós aprenderamos coas actividades da PAZ. Ao final, nós recitamos tamén o poema e eles acompañáronnos cos seus movementos.
Recitaron o poema VENTOS acompañado de xestos. Era o mesmo poema que nós aprenderamos coas actividades da PAZ. Ao final, nós recitamos tamén o poema e eles acompañáronnos cos seus movementos.
VENTOS
Que veña o vento fungón,
que lle quero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis,
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será a cor da paz.
Antonio García Teijeiro
Ventos. Ed. Xerais
Etiquetas:
1º de Primaria,
Celebracións: A Paz,
Curso 2013-2014
4 de feb. de 2014
O cadro máis famoso do munto é...
A Gioconda, tamén coñecida como a Monna Lisa...
Mirade o seu sorriso , parece que ten un segredo.
Ademais, sempre nos segue pola mirada, fai a proba....pasea diante do cadro, e verás como non deixa de mirarte...
Mirade o seu sorriso , parece que ten un segredo.
Ademais, sempre nos segue pola mirada, fai a proba....pasea diante do cadro, e verás como non deixa de mirarte...
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto mira mira
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas