13 de mar. de 2017

O meu barco

Comezan os recitados en 1º!!
Foi Irene quen comezou cos recitados de poemas.Trouxonos un fermoso poema de Manuel María:
                                                                       O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andei tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas