11/05/2017

Contacontos IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Contáronnos un conto e xogamos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas Rubén, Lucía e Marta , e tamén ás profes Enma e Bea!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas