ESTAS ÚLTIMAS SESIÓNS DE TIC'S, NA AULA DE 1º E 2º, ESTIVERON DESTINADAS A GRAVAR COA APLICACIÓN MADPAD AS VOCES DOS NENOS E NENAS RECITANDO POEMAS DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, CON MOTIVO DO MES DA POESÍA.
Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronnos como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Nós entregámoslles os carballos que estivemos coidando desde o outono. Sementamos landras porque queremos un monte cheo de árbores, non de cinza. MOITAS GRAZAS!!!
O alumando de primeiro e segundo curso fomos visitar a Panadería Iglesias en Aldán. Gustounos moito poder amasar, aprender diferentes técnicas, e ver como as diferentes pezas se cociñaban nos grandes fornos industriais.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas