3 de mar. de 2012

Stelaluna, conto do mes de febreiro

Dende que empezou o curso, os nenos e nenas de primeiro escollen o conto favorito de cada mes entre os que lle conta a profesora.
 Despois de unha reñida votación, saiu elixido conto do mes de febreiro "Stelaluna" de Jannell Cannon de Editorial Juventud.
A novidade é que este conto contoullo Lorena aos seus compañeiros na hora de biblioteca.
Os seus motivos para escollelo:
  • Porque era bonito ver como se encontraba coa sua mamá.
  • Porque lle ensinou aos paxariños a colgarse boca abaixo.
  • Porque cando Stelaluna se colgaba da árbore cos dedos estaba moi simpático.
  • Porque era precioso e gracioso.

  O conto finalista foi:



“O soño do osiño rosa”  
Roberto Aliaga & Helga Bansch. de OQO Editora 

Estes son os argumentos dos nenos e nenas:
  • Porque me gustan os soños dos animais.
  • Porque os debuxos eran moi bonitos.
  • Porque ao final o soño era soñar.


CLICA NA IMAXE PARA XOGAR CO OSIÑO
(LIM de Tatiana Rivero)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas