21/12/2016

Obradoiro de pan de landra na aula de 2º

Esta semana, tivemos na aula de 2º un obradoiro de pan de landra. Ruth, a persoa que viu facelo, ensinounos un montón de cousas, como que a landra ten que estar en auga durante 7 días para que quede branda, para desfacer as landra antigamente batíanlle con paus, a masa ten que estar tapada para inflar durante 4 horas....


19/12/2016

Letrilandia!!

Nas sesións de Audición e linguaxe empregamos os contos de Letrilandia para axudar no aprendizaxe da lectura. Deixámosvos varios vídeos para que os desfrutedes. 




EL PAIS DE LAS LETRAS



El rey U



La reina A



La señora M

Para ver o resto das letras podedes acceder en youtube a CUENTOS DE LAS LETRAS (LETRILANDIA) de Vanessa Rodríguez. Ten unha lista de reproducción ordeada con tódolos videos.

Vocabulario R forte!




Felicitación de Nadal de segundo curso

Felicitación de Nadal de 1º

Trabalinguas R forte!

Cando xa temos o fonema adquirido podemos practicar con trabalinguas para automatizalo mellor.






Vocabulario R suave!

Para practicar na casa o R suave podemos dicir o nome de estas imaxes.







Xoguetes para exercitar o sopro!

É importante adquirir una correcta intensidade no soplo e ser capaz de controlalo, polo que xogar con este material será ademáis de divertido moi beneficioso para que os nenos melloren na súa fala.
Facer soar instrumentos

Desenrolar e enrolar despaciño e rápido


Facer xirar rápido e despacio

Facer soar o canto dos paxariños

Co sopro podense facer carreiras ou xogar a xuntar todas as bolas nunha zoa limitada

Producir sons longos e curtos

Intentar facer pompas de diferentes tamaños

Videos para exercitar a lingua!




Dende Audición e Linguaxe recomendámosvos estes videos para ver durante o Nadal.






17/12/2016

METEOQUINTELA


O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 

Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 

Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...















                                         














08/12/2016

Xogos para o Nadal

Achegamos unha selección de xogos sobre o Nadal elaborada pola  Escola de Barciela, no C.R.A. de Vilaboa. Preme na imaxe para accedes a web.

01/12/2016

As regras de clase

Xa rematamos as normas de clase, e a todo color!

Un traballo colaborativo que nos axudou a pensar, e mirade qué ben nos quedou!








As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas