29/03/2017

No museo MARCO

A extraordinaria colección da exposición "Mulleres no silencio" reúne moitas obras salientables. Entre outras, ao curso de 1º gustoulles observar este cadro de Julia Mnguillón, pertenecente á colección do Museo do Prado. Trátase de "A escola da Doloriñas".Isto foi o que observaron:

  • Non estaba na cidade
  • A ventana non tiña cristais
  • Había poucas cadeiras e mesas
  • Había nenos e nenas grandes e pequenos
  • Non levaban tenis
  • Levaban zocas como as que vimos na nosa aclase
  • Tiña roupa vella
  • Unha nena non ten calcetíns
  • Comían figos
  • Tiñan poucas cousas
  • Non hai xoguetes
  • Teñen un pizarrín
  • ........
Era unha escola moi diferente á nosa!!!
Pero o que máis lles gustou observar é que o cadro era algo máxico!!! Algúns nenos mirábannos todo o tempo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas