05/05/2017

As familias contan

Marta veu á clase de primeiro cun interesante conto  de Gerónimo Stilton. Era ademais o primeiro conto que Mara mercara nun mercadillo solidario. 


O conto fala de Oliver, un neno que ten que desprazarse en cadeira de rodas e que vai atopando todo tipo de dificultades para poder moverse.


Marta explicounos que iso eran barreiras arquitectónicas e nós dixemoslle que as atopamos cando vimos andando ao cole e que a algúns dos nosos  avós tamén lle pasaba, non podían acompañarnos ao cole porque polo camiño as beirarrúas non tiñan rampas nin eran o bastante amplas.

Marta e Fran deixáronnos unha caixiña dos desexos , para que fósemos gardando alí os nosos desexos. Alí a temos, enchéndose aos poucos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas